2.3.11

Benvidos

Cando lle dei un nome a este blog pensei no camiño longo que eu tiña que percorrer, nas difilcutades que ía ter para que me servise e lles puidese servir, nalgún momento, aos meus alumnos, pero logo lembrei o poema de Cabanillas, da súa obra Vento Mareiro, e incorporalo aquí pareceume unha boa forma de comezar.


Camiño longo


Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
triste e escuro de día...
¡camiño longo
da miña vida !

 
Vereda, vereda torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
¡vereda torta,

ti onde me levas!
 
Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
¡camiño longo

da miña vida !
 
Vereda, vereda fonda
de fontes tristes, sen auga;
sen carballos que dean sombra,
nin chouzas que dean pousada...
¡vereda fonda, 

ti cando acabas!
               
(de Vento Mareiro, 1915)

No hay comentarios:

Publicar un comentario