22.3.11

POESÍA NO TEATRO. LELA.



Hai uns días lin en LV delunsavenres que se ía representar no Salón Teatro de Compostela a obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse . No artigo introducían un vídeo no que se poden ver debuxos de Castelao e se escoita a Dulce Pontes cantando a canción de Lela.



Esta canción é un poema que Castelao incorporou na súa obra de teatro: Os vellos non deben de namorarse, na Escena II do Lance primeiro.


Xa que onte foi o Día da Poesía , déixovos aquí o poema para que o lembredes .



Están as nubes chorando
por un amor que morreu;
están as ruas molladas
de tanto como choveu.

Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro,
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos.

Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

Dame alento cas tuas palabras,
dame celme do teu corazón,
dame lume cas tuas miradas,
dame vida co teu doce amor.

Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro,
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos.

Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

Se vedes o vídeo, escoitaredes a Dulce Pontes e veredes,tamén, os debuxos de Castelao.




 

1 comentario: