Fixemos o roteiro de A praia dos afogados ; percorremos lugares e vimos espazos nos que se desenvolve a acción da novela: Monteferro (podedes ver o vídeo), Punta Lameda, as Illas Estelas, a Praia da Madorra, o Templo votivo de Panxón...Os alumnos fostes por uns minutos Leo Caldas, Xusto Castelo,Valverde ,Estévez , o pai de Leo Caldas...Fixestes de "marcas de mar", Antón remou imaxinariamente con moito acerto ,e aplaudímolo.
A min interesoume a explicación dos dous guías que tivemos, pero especialmente a de Xosé Lois Vilar, porque era máis descoñecida para min. Conxugou os espazos da novela coa toponimia marítima, coa talasonimia, e falounos da importancia que ten esta para os mariñeiros.
Como nos regalou un libriño seu , Os nomes do mar de Baiona e Panxón, ó chegar á casa, quixen saber máis. Déixovos o enlace a un artigo de A Nosa Terra e outro de Vieiros. Vale a pena lelos . Ai están moitas das cousas que nos explicou. Se non lembrades como se chama o aparello dos mariñeiros para coñecer a profundidade do mar e a natureza do fondo, podedes descubrilo.
Esta é unha páxina do libro Os nomes do mar de Baiona e Panxón; di que é para "xente miúda". Os debuxos son de Pepe Carreiro. Podedes ampliala e ler nela algo sobre toponimia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario