Avelina, a profesora de lingua e literatura castelá, inspirándose nun traballo que propoñían no blog "A pie de aula ", animoume a participar nun traballo conxunto que consistía en facer un rueiro literario da cidade de Ourense.
Nós transformámolo á nosa maneira e o que fixemos foi buscar referencias a autores que escribiron en galego, en castelán ou nos dous idiomas; van aparecer mesturados, intentando manter certa orde cronolóxica; o que, en principio, era fotografar as placas das rúas, estendeuse a institutos con nome de autor, a monumentos ,a casas, a estatuas, a sepulturas...
Neste traballo colaboraron todos os alumnos de 1ºESO C e E e algúns de 1º BAC A. O traballo de campo está practicamente rematado e hoxe comezamos as publicacións co primeiro álbum; Humor e Cómic.
Recollemos a Rúa do Carrabouxo e o Monumento a este personaxe, e todo o relacionado co Monumento ós heroes do cómic.
Como o cómic xa o traballamos, voume contentar con que coñezades ó creador do personaxe do Carrabouxo: Xosé lois González Vázquez, que saibades algo da escultura de César Lombera que está no Parque de San Lázaro e que leades algunhas viñetas de humor gráfico que nos ofrece "La Región".
Nas viñetas trátanse temas moi diversos pero non se esquece a lingua nin os autores galegos:
Gazas a Literalingua de onde tomei prestadas as viñetas que fan referencia a Pondal e Rosalía.
Noutra entrada falaremos do Monumento ós heroes do cómic de Xaime Quessada, dicía eu , pero xa o fixo Avelina no seu blog, consultade esta entrada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario