21.1.12

POETAS GALEGAS DO "CESTO DE LIVROS" DE SÉCHU SENDE

As poetas que aparecen neste mapa non foron seleccionadas por min. Son as que figuran na ilustración que Séchu Sende fixo para a publicación Olladas desde o Museo, do Museo do Pobo Galego.Vede o seu traballo.

A información está tomada da BVG, da Galipedia, de Vieiros e de libros de texto.

Tiven problemas para atopar información sobre Irene Portas e Marina Oural; ó final, foi Séchu Sende, a través do correo, quen ma aportou.
De Irene Portas díxome que non tiña nada editado pero que el lle publicara un poema no seu blog, e que tamén tiña publicado un texto no Infoxove de hai uns anos.
Explicoume que Marina Oural  era unha poeta aínda inédita e que fixera varios temas para a cantante Ugia Pedreira.

Concha Rousía tamén me aportou información a través do facebook e do correo persoal.

Grazas a todos.

Se premedes na ligazón "poetas galegas" que está debaixo do mapa, védelo moito mellor.


Ver Poetas galegas en un mapa más grande

No hay comentarios:

Publicar un comentario