11.12.12

ELENA GALLEGO ABAD NO IES BLANCO AMOR DE OURENSE




Era luns, eran as 16'50 e os alumnos estabades cansos, non tiñades ganas de facer preguntas e si moitas ganas de marchar pero Elena Gallego falouvos da súa obra Dragal I. A herdanza do dragón, que era a obra que moitos lerades, e das novelas que completan a triloxía de Dragal: Dragal II. A metamorfose do dragón e Dragal III. A fraternidade do dragón.

Falouvos, tamén, do importante que é ler e escribir; ela escribiu desde os trece anos. Animouvos a que o fixésedes e a que continuásedes a lectura dos libros que completan a triloxía, segundo ela, máis coidados e moi, moi documentados.

Ó final asinouvos os seus libros a cantos llo pedistes. Daniel leváballe os tres e Celtia non os tiña con ela pero léraos e tiña dúbidas que a autora lle resolveu. Tamén nos desvelou algúns segredos de Dragal ós que quedamos con ela ó rematar o encontro.

Consultade a Web oficial de Dragal, aprenderedes moitas cousas e poderedes ver novamente o booktrailer que a autora vos puxo ó principio. Oirédelo mellor, porque tamén tivemos na nosa contra o son.

Grazas, Elena, por ofrecernos o teu tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario