Mañá, algúns alumnos recitaredes poemas que foron seleccionados por vós mesmos ou por Pilar e Avelina. O recitado será na Biblioteca, no segundo recreo. Xa veriades este cartel en varios lugares do Istituto.
Podedes ler aquí varios poemas que se van recitar. O recreo é moi curto e por iso moitos non están completos. Tamén poderedes escoitar poemas en castelán.
A directora da Unesco, Irina Bukova, nunha das súas declaracións, explícanos que "o descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos".
Por iso quero que descubrades, tamén, estes poemas que foron tomados da antoloxía poética de Fran Alonso, POETÍZATE. Se cadra xa os coñecedes.
Tríptico
A caricia é elevada
e elegante.
Baixa polo lombo suave,
crea espirais de pracer,
amplíase coa delicia do ar,
nútrese no fondo
e é marabillosa nas nádegas altas.
A caricia elabórase con múltiples pétalos,
con suavidades de nácara
con cóxegas lenes
e herbas silvestres de esporas docísimas.
A caricia é unha onda
de vento e de océano,
unha brisa que move as ondas do teu corpo
con elegancia altísima
e tenrura alba.
A caricia é eterna, movemento incansábel,
tepidez sincera que se pousa na pel
e se enreda co frescor da fonte inesgotábel."
e elegante.
Baixa polo lombo suave,
crea espirais de pracer,
amplíase coa delicia do ar,
nútrese no fondo
e é marabillosa nas nádegas altas.
A caricia elabórase con múltiples pétalos,
con suavidades de nácara
con cóxegas lenes
e herbas silvestres de esporas docísimas.
A caricia é unha onda
de vento e de océano,
unha brisa que move as ondas do teu corpo
con elegancia altísima
e tenrura alba.
A caricia é eterna, movemento incansábel,
tepidez sincera que se pousa na pel
e se enreda co frescor da fonte inesgotábel."
LUCÍA NOVAS (1979), Epiderme
Tódolos
bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, coma min, saben que es único.
XELA ARIAS (1962-2003), Diario a diario
Hoxe xanto soa
e as gotas pingan
no
fregadeiro.
Hoxe
non teño cartas
de
ninguén que de
min se
acorde.
Hoxe
está gris
e os
cans buscan
abrigo
no limiar da casa.
Hoxe
morro asolagada
no
derradeiro sol de sete.
Hoxe
os corvos son felices
porque
a escuridade
enche
Irlanda.
ANTÍA OTERO (1982), O son da xordeira
Consultade Páxinas con Poesía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario