1.3.13

EU TEÑO MEDO

Os alumnos de 2º ESO D, inspirándovos nos medos de Xabier P. Docampo, manifestastes os vosos. Algúns han de chamarvos a atención e han  de facervos pensar, creo eu.

Os medos de Xabier P. Docampo son estes:

EU TEÑO MEDO... 

Cando petan na porta pola noite.
A estar só cando non quero estar só.
A estar no medio de moita xente
A quedar só no mundo
A non morrer nunca
A morrer pronto
A morrer estupidamente nunha estrada
A quedar inútil
A tolear
A que lles pase algo aos meus
A que os que quero non me queiran
A perder o gusto polas cousas que me gustan
A ter que vivir sempre nunha cidade
A que non haxa flores
A que non haxa animais en liberdade
A non poder mirar as estrelas pola noite
A non poder mirar a paisaxe no outono
Ao mar (desde o mar)
A mirar un día para o ceo e non ver un paxaro
A que non haxa troitas nos ríos
A ter que ir á guerra
Á guerra, aínda que non teña que ir
Ás almas miserables
Aos que sempre din a verdade
Aos que menten sempre
A pasar fame
Aos contos de medo
Ás películas de medo
A ir ao dentista
A montar en avión
A non ter medo a nada
A ter moito medo
Cando pasa moito tempo sen que ninguén pete na miña porta
A...


E os vosos, estoutros: Non os  ordenamos, cada un de vós fostes manifestando o voso medo e así se copiaron:
 
EU TEÑO MEDO...

A perder a quen non quero perder
A ter medo cando preciso ser forte
A quedar só no mundo
Ás arañas
A sentir dor sen ter culpa 
A que a veciña berre pola noite
A quedar sen familia
A quedar soa na escuridade
A que me peguen coa vasoira 
A estar só, moi só
A que as cousas non sempre vaian ben
A perder un bo amigo
Á morte
A durmir e non despertar
A encontrar unha serpe na escuridade
A ter que perder o medo

A ver teas de araña e non ver o animal
Á fin do mundo. 
Lembrade tamén estes versos de Rosalía:

¿Qué pasa ó redor de min?
¿Qué me pasa que eu non sei?
Teño medo dunha cousa
que vive e que non se ve.
Teño medo á desgracia traidora
que ven, e que nunca se sabe ónde ven.


No hay comentarios:

Publicar un comentario