Un exército de rosquillas en toda regra! Iso foi o que dixo alguén cando viu estas fotografías, outros desexaban coller as rosquillas na pantalla na que as vían, unha compañeira de traballo pediume que llas enviase, e outra pensou nunha entrada de blog.
A verdade é que eu non pensaba utilizalas aquí pero cheguei á conclusión de que, partindo destas fotografías, podemos traballar en 1º ESO.
Realizade as seguintes actividades:
- Para que se farían tantas rosquillas? Cantas serán?
- Por que estarán así colocadas nesas mesas tan grandes?
- Pedide ou buscade unha receita de rosquillas e escribídea.
- Agora que vos informastes, contade se será difícil o proceso de elaboración deste doce.
- Aproveitando que andamos a voltas co diálogo e a conversa, escribide un diálogo no que as protagonistas sexan as rosquillas. Podedes mesturar narración e diálogo.
Realmente agora que me fixo ben na fotografía ata me recordan ós guerreiros de terracota chineses así todas ordenadas e xuntas :)
ResponderEliminarE están para morrer! Vivan as rosquillas das Bouzas.Perdón profe por dar pistas.
ResponderEliminarAs rosquillas estaban boísimas. Marisa, as pistas serviron de pouco pero algúns alumnos responderon adecuadamente e e outros crearon historias interesantes.
ResponderEliminar