Cando ía a Pontevedra sempre me paraba na praza de San Xosé porque alí está o monumento de César Lombera. Nel están Bóveda, Castelao, Quiroga, Paz Andrade, Casares e Cabanillas:
Este verán descubrín, grazas a unha amiga, o Café Moderno. Un café clásico con veladores de mármore, columnas de ferro forxado, lámpadas de cristal e con pinturas de destacados artistas da primeira metade do século XX.
Vede un detalle dunha pintura de Laxeiro:
Nunha esquina do bar están os escritores e o violinista, parece que nos invitan a que collamos os xornais e a que falemos con eles.
Non entrei á hora do almorzo pero, se o fixese, podería escoller entre o almorzo Paz Andrade, Castelao ou Casares. Escolleriades polo nome ou polo que contén cada un? Eu, se penso nos autores, teríao difícil.
Ós autores habíalles gustar que o cartel que anuncia os almorzos estivese en galego. A min tamén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario