28.10.13

DÍA DE NÓS 2013


En outubro de 1920 nace na cidade de Ourense a Revista Nós.Vede os actos que se van celebrar para recordar a Xeración Nós e a Revista, xa comezan mañá.Vía  A Bela Auria.

DÍA 29 DE OUTUBRO, ENCONTRO CÍVICO DA RÚA DA PAZ (antiga Rúa dos Zapateiros)
19.30 h. Encontro de antigos veciños maiores de 80 anos. Livraria Torga.
20.30 h. Paseo cívico pola rúa da Paz.
21.30 h. “O feitizo das ruínas”. Xornada de portas abertas da casa natal-vital de Vicente Risco e R. Otero Pedrayo na rúa da Paz. Casa nº 21.
21.30 h. Convivio. Viño e petisco. Xentileza e servizo dos hostaleiros da rúa da Paz. Rúa da Paz
DÍA 30 DE OUTUBRO, “DÍA DE NÓS”
17,00 h. Acto festivo e ofrenda floral no cemeterio de san Francisco:
21,00 h. “LerNós”, coa colaboración de Iria Pinheiro, Celia Parra, Manuel Outeiriño e A RunRun Teatro.



Placa da Rúa Santo Domingo

Visitei moitas veces o Pazo Museo de Otero Pedrayo pero nunca estiven nestas residencias da Rúa da Paz. Asistirei, se podo.




Se non ides ós actos, buscade estas placas na Rúa da Paz, xa vos indican o lugar de residencia destes autores da Xeracíon Nós. Sobran cables pero é o que hai. A fotografía, se a recorto, queda máis bonita pero menos natural. Podedes vela recortada na Galipedia.

Alegreime ó encontrar un blog no que  podemos consultar a Revista Nós. Grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario