8.11.13

MIGUELANXO PRADO. PREMIO NACIONAL DO CÓMIC


Miguelanxo Prado é o gañador do Premio Nacional do Cómic pola súa novela gráfica Ardalén, pubicada por El Patito Editorial.

Eu quero deixarvos aquí algunha mostra do seu traballo como ilustrador de libros galegos. Vede a portada da obra O centro do labirinto de Agustín Fernández Paz. Darédesvos conta de que é un exemplar que está na Biblioteca do Instituto. E hai máis!


E como a min me parece unha xoia a edicion de A lingua das bolboretas de Manuel Rivas, ilustrada por Miguelanxo Prado, quero que a coñezades.



  
Eu, só no cumio, sentado en cadeira de pedra, baixo as estrelas, mentres no val se movían como vagalumes os que con candil andaban á miña procura.


O xeito que tiña don Gregorio de mostrar un grande enfado era o silencio.
         "Se vós non calades, terei que calar eu".
         E ía cara o ventanal, coa mirada ausente, perdida no Sinaí. Era un silencio prolongado, desacougante, como se nos deixase abandonados nun estraño país.


A Romualdo os pantalóns curtos quedábanlle ridículos. Tiña as pernas moi longas e mouras, cos xeonllos cheos de feridas.

     Una tarde parda y fría...

    "Un momento, Romualdo, ¿que é o que vas ler?"
    "Unha poesía, señor".
    "¿E como se titula?"
    "Recuerdo infantil. O seu autor é don Antonio Machado". 


No hay comentarios:

Publicar un comentario