O día catro de decembro, alumnos e alumnas de 3º ESO e 1º de BAC tivestes a oportunidade de poder ver a representación da obra de Arístides Vargas, A idade da pavía.
Tres actrices e un actor do grupo SARABELA TEATRO contáronnos a historia de tres xeracións dunha familia de mulleres.Vede a sinopse que figura na páxina do Concello:
"Unha antiga casa, nove mulleres e un mundo
máxico no que o tempo se detén para abrir as portas do pasado. Un pasado
que vive na nosa memoria e que volve en recordos co cheiro ao viño de
pavía e ratas grises escaravellando os recunchos da nosa mente. Conta a
historia de tres xeracións dunha familia de mulleres, vista a través da
mirada inocente das dúas nenas da última xeración; poñendo en evidencia a
necesidade que ten o ser humano de non estar só malia as dificultades
que ten a convivencia."
Esta obra de Sarabela Teatro,
trata sobre dúas irmás que se están
a comunicar por carta. A carta comeza a
escribila a irmá máis pequena, dicindo que súa nai estaba morrendo; pero a
historia non se centra niso, senón que se centra nos seus recordos. Recordan
moitos momentos da súa infancia, dende que cazaban ratas e as colgaban no
faiado, ata que todas as mulleres da casa marcharon. Primeiro, as nenas, as
fillas de Francisca, paran o tempo. A raíz diso, a primeira que marcha é
Adriática, que morre caendo da árbore das pavías. Máis tarde, marcha a criada Branca
e despois tamén o fai Victoria, que non ten arte para nada, xa que, cando se
parara o tempo, quedou durmida.Tamén decide marchar Xacinta, impulsada pola súa
irmá Francisca que lle aconsella ir buscar ese amor perdido da infancia. As
dúas irmás, María e Gumersinda, enemistadas ambas por querer ó mesmo home, pero,
á súa vez, inseparábeis, tamén marcharon, en bicicleta. Por último, decidiron
marchar as dúas irmás, unha para vivir do conto e a outra co seu propósito de
chegar a ser un home ó chegar á maioría de idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario