21.1.14

PREMIO DARDOS



Teño que agradecer a Revolta da freixa este agasallo que me fixo moita ilusión. Acudo con frecuencia a ese blog para ler as noticias de literatura; os traballos sobre obras literarias, con cuestionarios e estudos de léxico en moitos casos e tamén a información sobre concursos literarios. O labor de recompilación que fai para todos nós hai que agradecerllo moitísimo porque nos facilita moito o traballo.

Parece ser que o Premio Dardos se outorga pola creatividade, o esforzo e a dedicación para acadar unha calidade de contidos. Ó ver isto, teño as miñas dúbidas de que sexa merecente de tal galardón.

Grazas, outra vez.

5 comentarios:

  1. Noraboa. Eu non teño dúbida ningunha de que é ben merecido.

    ResponderEliminar
  2. A miña nai di sempre que con grazas non se paga pero eu vou darchas e dicirche que me deixas moi contenta co teu comentario.
    Oxalá sirva para algo este longo camiñar!

    ResponderEliminar
  3. Marina, noraboa por este premio tan merecido; é un honor felicitarte, como compañeira e como membro do equipo directivo do instituto.
    Unha enorme aperta.
    Avelina

    ResponderEliminar
  4. Gústame encher este Camiño Longo de cousas miúdas e vós dádesme azos para seguir andando por el.
    Avelia, moitas grazas.

    ResponderEliminar
  5. Noraboa, canto me alegro Marina!! Sempre é un pracer dar unha volta por este camiño.

    ResponderEliminar