A Diputación de Ourense convidounos a participar na Semana Escolar das Letras Galegas 2014 facéndonos entrega dunha antoloxía con biografías e textos de autores ourensáns que foron homenaxeados o Día das Letras Galegas. Tamén nos enviou unha unidade didáctica con proposta de actividades ben interesantes.
Nós aportamos o noso pequeniño gran de area lendo un texto de Blanco Amor, O estreno. Desde a clase, paseamos co protagonista polas rúas e localizamos os distintos monumentos que se citan no texto. Sorprendeume o pouco que coñecen os alumnos de 1º ESO a cidade na que viven. A ver se se animan algúns a facer o percorrido que fixo o protagonista do conto!
Aquí os vedes coa súa antoloxía:
Grazas polo agasallo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario