4.10.14

ESCRITORES NAS PERSIANAS DOS GARAXES DO BARRIO DAS CAMELIAS


Resultaravos raro este título e, se non sodes de Ourense, aínda máis. Eu non coñecía o barrio das Camelias  e fun visitalo seguindo a recomendación de Avelina.

Alí atopei a varios escritores galegos adornando as persianas dos garaxes. Non estaban sós, acompáñaos O Carrabouxo, Cristina Pato, Os Suaves, David Rubín, construcións populares, motivos gastronómicos, unha fermosa vacaloura, un polbo, paisaxes, castañas nos seus ourizos, unha homenaxe ó circo, os cigarróns, un afiador ...

A punto estiven de non poder ver a Celso Emilio Ferreiro porque a persiana na que el estaba pintado estaba subida; ó final un dos músicos que ensaiaban dentro do garaxe baixouma para que puidese velo.

Celso Emilio Ferreiro, Vicente Risco, Uxío Novoneyra, Otero Pedrayo, Xoaquín Lorenzo, Blanco Amor, Pura Vázquez e Dora Vázquez son os escritores que ilustran en forma de graffitis algunhas das persianas dos garaxes.

 Leo en Barrios que "eses graffitis foron pintados durante os tres últimos meses por dous talentos do spray, Abraham e Camilo, dentro dunha iniciativa da Concellería de Participación Cidadá para embelecer a zona". A xulgar pola sinatura, os retratos dos escritores son obra de Abraham.

Neste segundo álbum podedes ver algúns graffitis máis(os autores acompañados).Fixádevos que hai algún que non está nas persianas dos garaxes.

2 comentarios:

  1. Chulísimo... Que ben lles sentaron os anos a estes garaxes. Algúns amigos meus da infancia deben de estar encantados de ver tan embelecido o seu barrio. FELICIDADES, MARINA. Encántame esta reportaxe, tan artística, tan literaria e ... tan chea de saudades, para mín.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Avelina. A verdade é que chaman a atención tantos graffitis xuntos. Este barrio que foi o teu no pasado debeu gañar bastante ó ser así decorado. A min gustoume moito que autores nosos aparezan aí retratados.

    ResponderEliminar