Con motivo da celebración da Semana das Letras
Galegas que terá lugar do 7 ao 17 de maio de 2015, a Concellería de
Educación convoca o Terceiro Concurso de Microrrelato on line no que podedes participar.
Xa estamos admitidos.
Haberá que seleccionar dous traballos por clase; eses microrrelatos serán publicados en internet e terán a posibilidade de gañar un
premio. Déixovos as BASES:
“I
I I CONCURSO DE MICRORRELATO ON LINE”
BASES CONCURSO
- Poderán participar alumnado de 3º ciclo de EP, ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS de centros de ensino da cidade de Ourense.
- Establécense dúas categorías: Unha para o 3º ciclo de Ed. Primaria e outra para ESO e ESPO
- O microrrelato deberá realizarse individualmente, ter título e estar escrito en galego nun máximo de 180 palabras. A temática será “Monumentos de Ourense”
- Os textos presentados deben ser inéditos e orixinais e a primeira selección será realizada polo profesor ou profesora de lingua galega de cada centro participante, sen exceder de 2 microrrelatos por aula e respectando sempre as bases e que os contidos non sexan de carácter ofensivo
- O prazo de presentación rematará o 10 de abril de 2015 ás 14:30h
- Cada traballo presentado deberá ser enviado polo profesor ou profesora por e-mail indicando o centro de ensino e o curso, así como o título do relato e o nome e apelidos do autor ou autora do mesmo. Posteriormente será colgado na web pola coordinadora da actividade
- O certame establece dous premios de 2 tablets (un para a categoría de 3º ciclo de EP e outro para a categoría de ESO e ESPO)
- O xurado estará composto por un escritor e persoal técnico das Concellerías de Educación e/ou Cultura
- A entrega de premios realizarase durante a Semana das Letras Galegas
- Na marxe dereita da nosa páxina web, haberá un apartado durante todo o curso escolar ao que se poderá acceder sen contrasinal ás bases e ós microrrelatos publicados
- Os mellores traballos poderán ser recompilados para ser publicados nun futuro pola Concellería
12..A
participación neste certame implica a
aceptación das bases.
Non sei se servirán estes monumentos? Supoño que si, vede o significado de monumento:
- Obra construída na honra de alguén ou de algo para que sexa recordado permanentemente. Exemplo: Na alameda de Santiago hai un monumento a Rosalía.
- Edificio ou construción importante polo seu valor histórico ou artístico. Exemplo: Foron de excursión a Compostela para contemplar os numerosos monumentos. (Dicionario RAG)
Consultade Escultura urbana no Concello de Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario