Acabo de ler Cráter de Olga Novo. Teño que recoñecer que leo máis narrativa ca poesía, pero que ben o pasei lendo este poemario!
Hai moita información na rede sobre a autora pero a min gustoume a entrevista que lle fixo Manuel Vidal Villaverde; creo que ó lela coñecemos un pouco mellor a Olga Novo.
E se lemos o que nos explica Ramón Nicolás, aprenderemos cousas da obra; deberiamos facerlle caso e poñernos a ler Cráter; segundo el, "un libro indispensable na poesía galega de hoxe"
Eu quero dicirvos que neste poemario atoparedes moita vida, moita morte, moita tenrura, moita música, moito amor, moita paixón, moita liberdade... Optimismo? Tamén.
Son moi importantes os sentimentos que transmite a autora pero a forma de transmitilos é cativadora. Botaredes de menos signos de puntuación, sorprenderavos a disposición tipográfica, ou incluso a presenza da prosa, pero atoparedes un sorprendente dominio da linguaxe, sendo para min o máis atraente a presenza de imaxes e as asociacións que, parecendo insólitas, non o son tanto.

Déixovos un poema. Dubidei entre moitos pero, como teño unha certa preferencia polas estruturas paralelísticas, escollín o titulado Análise de sangue. Ó mellor hai unha certa análise da autora neste poema. Teremos que preguntarllo.
ANÁLISE DE SANGUE
Fáltame
ferro. Sóbrame música e potasio.
Ninguén
me entende eu vístome coa falda da montaña
choro
por calquera cousa
espero
unha caricia
coma un
milagre de pan de ouro e vitaminas.
Como
carne de poldra. Escoito pasos nas miñas veas
e
invádeme a ledicia dun novo amor coma unha tropa
bárbara.
Esta son
eu.
Metade
árbore
metade
escaleira de caracol.
Metade
cunca
metade
calexón dunha vida ó bordo do Adriático
Metade
bóveda metade sombra
metade
contemplación metade auspicio
Metade
mofo metade pureza
Metade
fonte metade balcón
metade
horizonte metade estrutura mecánica
Metade
flor de cerdeira
memoria
cortada pola metade
metade
monte metade eu
metade
madonna metade neve.
A min
ningúen me entende.
déixome
sacar sangue e mazás
miña
tormenta
deixo
que me ausculten voces do outro mundo
dirixo a
miña tensión como se fora unha orquestra
sacan
auga de min coma dun pozo cardíaco
ás veces
escuramente
incluso
sei o que digo.
Din que
me falta ferro a min
pero
esta gorxa miña
é un
metal de transición entre a palabra e o peito.
E ó
contacto coa tenrura podo adquirir un leve timbre
oxidado.
No meu
soño ando pastando coas vacas no medio dun campo
magnético.
Na miña
vida real
son a
filla pequena dun pastor da fin do mundo.
Metade
bóveda metade sombra
metade
contemplación metade auspicio
Metade
mofo metade pureza
Metade
fonte metade balcón
metade
horizonte metade estrutura mecánica.
Metade
flor de cerdeira
memoria
cortada pola metade
metade
monte metade eu
metade
madonna metade neve.
Sácanme
sangue
sácanme
a min
ninguén
me entende.
Información interesante a de José Ángel García Caballero en Ojosdepapel.com.
Información
Grazas, Olga.
Información interesante sobre a obra
No hay comentarios:
Publicar un comentario