Algunhas compañeiras do instituto saben que eu son de gardar. "Non tira nada!", di algunha. Pois aí vedes o que queda do ramo que me regalastes o día da xubilación. Unha das rosas resístese a morrer, a outra xa está moribunda.
ROSAS
SEMPRE a rosa. Sempre:
a forma,
a cor,
o recendo,
a luz,
a perfección da rosa.
Prefiro a rosa vermella.
E amo a rosa branca
porque, cando lle digo
simplesmentes: ROSA,
entrecerra os ollos,
treme
e ruborece.
A luz ressuscitada (1984). Manuel María.
É ben certo,:nada, nada. Pero, cantas veces é a salvación de moitos de nós que tiramos
ResponderEliminaro que se debe e o que non.
Non creo que vos sacase de moitos apuros pero, se así foi, que contentiña quedo.
ResponderEliminar