Nestes últimos meses do ano deixáronnos varios escritores; onte fíxoo Xosé Fernández Ferreiro.
Coñecino na entrega dos Premios Xerais do ano 1992, no Liceo de Ourense. El, Fina Casalderrey e Miguel Suárez Abel compartiron mesa comigo e con outros comensais; todo un luxo para min que acababa de ler e traballar cos meus alumnos a súa obra, Agosto do 36, premiada o ano anterior.
A partir dese día declareime unha fiel seguidora da súa obra.
No ano 99 volvín velo nun acto, acompañando a Ferrín, foi entón cando me asinou varias das súas obras.
Dende agora, Xosé Férnandez Ferreiro vai permanecer na nosa memoria.
Información no blog de Fernández Naval.
Información no blog de Fernández Naval.
No hay comentarios:
Publicar un comentario