Na Sala de exposicións Afundación de Ourense
podemos ver a arte realizada por creadores galegos desde fóra de Galicia ao
longo do século XX. O proxecto artéllase a partir de tres núcleos: a presenza
da emigración na obra de Castelao como tema social e cultural na Galicia, os artistas
exiliados a América tras a guerra civil e as novas xeracións formadas na
posguerra que se encamiñaron a Madrid, Nova York ou París.
A exposición amosa
obras de autores como Castelao, Leopoldo Nóvoa, Maruja Mallo, Isaac Díaz Pardo,
Luís Seoane, Eugenio Fernández Granell, Mario Fernández Granell, Antonio Lago Rivera, Arturo Souto, Colmeiro,
Laxeiro, Tino Grandío…, que fan parte dos fondos propios d'Afundación e d'Abanca.
Xa hai tempo que vin a exposición pero agora, que decidín facer esta entrada e estiven vendo as fotos que fixera daquela, entráronme ganas de volver vela. Aínda teño tempo porque podemos visitar esta exposición ata o 12 de xuño. Se non o fixestes, anímovos a que o fagades. Havos gustar ver obras de arte que coñeciades dos libros de texto, de libros de arte ou por telas visto na rede. Na realidade son outra cousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario