25.3.11

CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO

Ábrense dúas cousas ben distintas, a guerra contra o galego e a Casa Museo de Manuel Antonio. Na portada do Galicia Hoxe do 25 de marzo leo que Gloria Lago utiliza os comicios para reabrir a guerra contra o galego. Isto non me alegra , o que a min me alegra é que se abra a Casa Museo de Manuel Antonio en Rianxo, a casa na que naceu e na que agora se conservan obxectos persoais : libros, pipas de tabaco, fotos e o pacto de sangue que asinou con dezaseis anos para falar sempre galego. Este último dato descoñecíao.

    A Lingua Galega necesita moitos "pactos de sangue" ou o que é o mesmo, aínda que non exista o pacto, moitos, moitos falantes porque os estamos perdendo.

    Os alumnos de Primeiro de Bacharelato estudastes no curso pasado  As Vangardas e a vida e a obra de Manuel Antonio e teredes que traballalas de novo en Segundo de Bacharelato. Consultade esta unidade didáctica de Pilar Ponte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario