29.3.11

A PRAIA DOS AFOGADOS. ROTEIRO

O día sete de abril cos alumnos de Bacharelato faremos o Roteiro de A praia dos afogados.Trasladarémonos a Panxón para coñecer algúns dos espazos nos que se desenvolve a acción da novela; cando a lestes na segunda avaliación, xa vos dixen que no blog A LEI DE LEM se recollían anacos da obra e fotografías que facían referencia ós espazos ós que alí se aludía. Déixovos a ligazón para que o repasedes e así poidades disfrutar máis do Roteiro.

Hai moitas páxinas en galego e en castelán con explicacións sobre a biografía e a obra de Domingo Villar. Déixovos algunha en galego, as da Editorial Galaxia.

Aurora colaborou comigo no cambio de formato dun CD no que figura unha entrevista  a Domingo Villar e que me parecía interesante. O autor fala de Panxón, de Leo Caldas,da novela negra... 

Tamén vos deixo un vídeo coa "Canción de Solveig"; a que asubiaba Xusto Castelo.




Podedes ver aquí o vídeo que prepararon algúns alumnos de 1º BAC A

No hay comentarios:

Publicar un comentario