2.5.11

POESÍA E NATUREZA

Neste curso o Departamento de Lingua e Literatura Galega organizou unha nova exposición. A protagonista é a poesía; seleccionamos poemas nos que hai  alusións a árbores, matogueiras ou flores, e combinamos as dúas cousas : POESÍA E NATUREZA

Deixamos atrás moitos poetas que deberían figurar e introducimos un texto de Castelao que non é poesía pero que nos parecía idóneo para abrir a exposición. A partir do mércores poderedes visitala .

A mellor canción en galego do ano é "Alalá da noite" composta por Berrogüetto. A letra é un poema de Manuel Rivas na que se mencionan as bidueiras e podería estar na nosa exposición. Mentres non a incorporamos nunha posible segunda parte , podedes ir coñecéndoa:

Eu non sabía que había
tanta alegría nas bágoas
nin neve nas bidueiras
nin esperanza nas mágoas.
Eu de noite iría de noite,
no medio do temporal.
Ir de día á luz do día
dáme medo, miña nai.
No fondo do teu ollare
unha gamela abanea.
Quen se poidera afogare
na ardora dunha misteira.
O que eu soño é verdade
como o silencio é un falare.
Se roubei o teu retrato
foi pra aprender a mirare.

Podedes escoitar a  canción en YouTube. Máis información de  Berrogüetto.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario