4.5.11

LETRAS GALEGAS 2011. LOIS PEREIRO.

 Na entrada  "Lois Pereiro. As armas da paixón  xa fixemos referencia ó autor.

Agora que estades a elaborar carteis, podedes consultar os recursos do monográfico especial sobre Lois Pereiro da CGENDL e, tamén, a páxina Web do autor. 

Lede o poema Curiosidade que pertence á "Poesía última de amor e enfermidade". Segundo Antón Patiño esta obra é a crónica existencial da fin dos días de Lois Pereiro.


Saber que está un á morte
e o corpo é unha paisaxe de batalla :
unha carnicería no cerebro.

¿Permitirías ti, amor deserto,
que nesta febre penitente abrise
a derradeira porta e a pechase
detrás miña, sonámbulo e impasible,
ou porías o pé
entre ela e o destino?

Novembro, 92

Tamén me chamou a atención O poema a Ánxel Fole, pertence a "Poemas 1981-1991"; nel hai referencias ás  obras do autor lucense " A lus do candil" e "Terra brava", pero fixádevos que non esquece o tema da morte.

E líquidos telúricos, a terra
que se soña a si mesma e se fai
lenda.
O murmurio invernal
o vran no voo das vésporas ó sol
e o lume coa viciosa liturxia do candil
sombras letais
na quente perspectiva das lareiras
cerimonia das intrigas da infancia
Algo para crer algo
auto de fe.

Terra e máis terra brava
brava máis maina e cruel
violenta, visceral,
secreta, infame,inmemorial,
amada, fole, a terra
ánxel, fole e a morte
a morte ánxel  a morte
en ti
the end.

No hay comentarios:

Publicar un comentario