Nós tamén queremos celebrar o Día da biblioteca , o 24 de outubro, aínda que eu penso que tódolos días do ano son días de blioteca e de lectura. Pedro Laín Entralgo dicía: "la lectura nos regala compañía, libertad para ser de otra manera y ser más".
As bibliotecas poden definirse como lugares onde se gardan os libros e outros documentos gráficos e audiovisuais para ser consultados ou prestados. Pero a vós non vos parece que as bibliotecas son espazos con vida? A vida dámoslla os lectores. Que sería dos libros se estivesen sempre colocados nos andeis? A eles gústalles que nós os collamos e os leamos porque están desexosos de ocupar o noso tempo de ocio para entreternos e ensinarnos. Ese día faremoslles compañía.
Vede que solitaria estaba a nosa biblioteca cando se lle fixeron estas fotografías:
Vede que solitaria estaba a nosa biblioteca cando se lle fixeron estas fotografías:
Para celebrar o Día da biblioteca a Consellería de Educación editou este cartel cunha imaxe dunha autora galega, Emma Ríos:
Se consultades Bibliotecas escolares de Galicia, ademais deste cartel, veredes outros e unha explicación do que son e poden ser as bibliotecas escolares:
"Lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía."
A través de internet tendes acceso a moitos textos literarios e doutro tipo; tamén a posibilidade de descargalos. A Biblioteca Virtual Galega, xa a coñecedes, pero hai enlaces a outras moitas bibliotecas no Portal Educativo da Xunta.
Podedes ler poesía nesta Antoloxía e lela e escoitala en Son de poetas.
No bog ROMASANTA hai unha selección de vídeos, adaptados ó nivel do alumnado, que propoñen para celebrar este día. Grazas polo traballo.
Podedes ler poesía nesta Antoloxía e lela e escoitala en Son de poetas.
No bog ROMASANTA hai unha selección de vídeos, adaptados ó nivel do alumnado, que propoñen para celebrar este día. Grazas polo traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario