4.11.11

TEXTOS DE "OS OUTROS FEIRANTES" E DE "ESCOLA DE MENCIÑEIROS"


Coñecín desde Marlou esta selección de textos da obra de Cunqueiro que preparou o ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo. Ídeos lendo, a ver se conseguimos ilustralos.

Nós imos intentar facer algo semellante con textos de " Novidades do mundo e fauna máxica" de "Escola de Menciñeiros".


Un dos textos cos que poderiamos traballar podería ser este:

GATIPEDRO

O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven pólas noites ás casas, e párase nas habitaciós nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga pólo seu corniño, i o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, soña que mexa, e de verdade mexa na cama.

Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto i ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademáis de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipardo dá a volta e prosegue a súa nouturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.

Escola de menciñeiros e fábula de varia xente. Editorial Galaxia 1969.

Coñeciades este texto?  Gustaríavos ilustralo?

Aínda que agora estamos coa prosa e coas ilustracións, tamén podemos ler poesías de Cunqueiro e escoitar, dalgunhas, as súas versións musicadas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario