2.11.11

TEATRO NOS AUTOBUSES DE OURENSE


Se viaxamos nos autobuses de Ourense nos meses de novembro e decembro, podemos ser espectadores dalgunha das catro pezas que Elena Seijo de Sarabela Teatro adaptou para a actividade "Entreparadas.Viaxa con Nós". As obras seleccionadas son Os vellos non deben de namorarse e O pai de Migueliño de Castelao, A lagarada de Otero Pedrayo e A velliña vella de Risco.

Podedes ver neste blog un traballo sobre O pai de Migueliño e algo sobre Os vellos non deben de namorarse. Se queredes lede o conto de Risco; tamén o podedes ler en formato cómic.

No artigo de La Voz de Galicia do día 23 de setembro  explícasenos como catro liñas de autobuses da cidade acolleron adaptacións das obras dos autores da Xeración Nós.

Unha boa iniciativa con múltiples obxectivos: "fomentar o uso do transporte público, pacificar o tráfico e mellorar as relacións sociais na procura dunha cidade cívica e educadora". Eu creo que podemos engadir o de coñecer escritores da Xeración Nós e algo das súas obras.

Fíxadevos nestas fotografías que son dos adhesivos colocados na beirarrúa de Curros Enriquez, e vede que nos invitan a viaxar " cara o respecto, pola igualdade, pola convivencia e cara a tolerancia".




Descubride que ten de especial o pronome Nós que aparece nos adhesivos. Con que o relacionades? O tipo de letra é importante.


No hay comentarios:

Publicar un comentario