11.11.11

UN CESTO CHEO DE POESÍA

Descubrín no blog de Séchu Sende, Made in Galiza, esta ilustración para a publicación Olladas desde o Museo, do Museo do Pobo Galego.

Desde ela podemos coñecer algunhas das nosas poetas. Sería interesante traballar a súa biografía e seleccionar algúns dos seus poemas.

Vóullelo propoñer ós meus alumnos de Bacharelato. A ver que aprendemos.

Que leva a muller na cabeza para que non lle manque o cesto? Se non o sabedes preguntádello a calquera muller que cargase á cabeza nalgunha ocasión; seguro que volo explica e ata vos dirá que materiais se utilizan para facer esa protección.

Eu coñézolle tres nomes distintos, ó mellor aínda ten máis.


Grazas a Séchu Sende.

2 comentarios:

  1. A miña avoa chamáballe rodela, pero gustaríame saber ises outros nomes que sabe vostede.
    saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Un dos nomes que eu coñezo coincide co que a súa avoa utilizaba, os outros dous direillos a semana que vén cando os meus alumnos xa teñan feita a investigación.

    ResponderEliminar