Para conmemorar o centenario de Álvaro Cunqueiro seleccionamos cinco textos de Escola de menciñeiros e os alumnos de 1º ESO C ilustráronos. Dirixiunos Pilar Sevillano, a súa profesora de plástica.
O resultado é este Calaméo montado por Pilar. Se queredes ver outos traballos seus, visitade o seu blog: Plástica visual.
Inspirámonos para facer este traballo no que estaba realizando o ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo. Se entrades no Bico da Ría podedes ver textos de Os outros feirantes ilustrados polos alumnos dese Instituto.
O ovo dun dos animaliños creados por Cunqueiro non puido berrar cando quixo. Que frase quería dicir? No Calaméo non aparece pero si nas vosas fotocopias. Buscade, buscade! Teredes que darme a resposta.

Algúns alumnos de 2º de ESO ilustraron tamén textos de Cunqueiro. Xa veredes os seus traballos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario