5.12.11

ROSALÍA. A CASA DA MATANZA ONTE E HOXE

Non sei se a Casa da Matanza na que morreu Rosalía en 1885 seguiu habitada tras a súa morte, tería que investigalo; restaurouse en 1971. 
 
O que si sei é que me impactou a fotografía da casa da autora que vin na exposición de Ruth Matilda Anderson. É dos anos vinte e serve para intuír como podía estar o teito, como eran as paredes, os mobles e como estaba o chan; fixádevos nas táboas colocadas sobre o piso. Deíxovos dúas fotografías:


Casa de Rosalía.


Casas de Valle Inclán e Rosalía.


Estaría así a casa de Rosalía cando vivía nela? Estragaríase despois da súa Morte? Supoño que a Rosalía lle gustaría moito vela como está agora.

Algúns alumnos de 3º de ESO tiveron a oportunidade de coñecer a casa de Rosalía, hai uns días. Mirade que contentos estaban diante desa árbore que quero que me digades como se chama. Se entrades nesta páxina, seravos moi  fácil.


Os que non  coñezades a casa de Rosalía e queirades saber, ademais, algo da autora,  podedes ver este vídeo:





É interesante esta fotobiografía da autora, do IES Breamo.

1 comentario:

  1. Acabo de ler nunha fotobiografía de Rosalía, do IES Breamo, que Murguía e os seus fillos abandonaron a Casa da Matanza pouco despois da morte da autora.
    Sempre crin que a casa de Rosalía era propia e seica era arrendada.

    ResponderEliminar