Hai moita información sobre a obra no blog das autoras. Ata tedes a posibilidade de ler o prólogo e as primeiras páxinas do libro.
Lede este de Anna Raven, a min paréceme poesía escrita en prosa.
LÉVAO TODO
Lévao todo.
Os discos, os libros, a roupa, o cepillo de dentes, e ese pequeno ornamento de porcelana chinesa que compramos hai dous anos nunha viaxe ás praias do sur.
Leva as culleres de madeira, leva a cubertería, os manteis, as toalla, as sabas que recollían a miña suor cando a túa lingua se deslizaba dende o meu embigo ata o oco entre as miñas pernas. As flores, as cuncas do café de pola mañá que nunca chegaches a facerme; con leite e dúas culleradas de azucre.
Leva a esperanza, leva os soños, leva as mentiras de finais felices, de cancións gastadas , de chans abrillantados coas bágoas que nunca tiven o valor suficiente de chorar.

Leva a miña soidade, despóxaa da súa roupa e das súas máscaras, quítalle a vergonza e o orgullo. Leva o meu corazón. Non o preciso, non mo devolvas.
Lévao todo.
Leva o sorriso dos meu beizos, o bico que dorme na comisura da miña boca, a dor que percorre a miña pel ó non sentir os teus dedos debuxando mil e un carreiros, a fame dos meus dentes ó non encontrar a tensión da túa, a vertixe dos meus ollos incapaces de perderse nos teus e a nada que agora aniña no fondo do meu estómago.
Leva os medos, leva as inseguridades, o baleiro da miña voz ó non encontrar o eco da túa, o aire dos meus pulmóns, inútil sen a caricia do teu alento.
Leva a noite, leva o ceo que me regalaches unha noite de inverno. Leva tamén o sol, a calor, o frío, a vida, os sabores.
Lévao todo.
E queda ó meu lado.
Vaia! Emocioneime. Unha honra ser traducida por ti! Sóame mellor en galego, é máis "meu" :)
ResponderEliminarÉ xenial o poder disfrutalo nas dúas linguas. A verdade é que o relato ten moita carga emotiva, e ten un par de frases desas que teñen peso de seu.
ResponderEliminar