7.2.12

EN BUSCA DA LINGUA GALEGA

Vós, os meus alumnos, andaredes de paseo pola cidade para descubrir o galego escrito que poidades observar nas rúas, desde elas, e sen entrar en ningures.

Cando comecei a matinar nesta actividade, pensei que ía ser moi pouco o que poderiades atopar, e sígoo pensando, pero para algo nos ha servir facer ese traballo. Xa sacaremos conclusións.

No curso pasado Avelina propúxolles ós seus alumnos de 1º ESO un traballo que consistía en descubrir errores ortográficos que se paseaban polas rúas de Ourense. Védeo na galería de exposicións do blog Espacio entre palabras

Nós  recolleremos o que atopemos; xa nos ocuparemos dos erros, que os hai!

 Déixovos algúns exemplos que recollín eu:






No hay comentarios:

Publicar un comentario