Onte moita xente de Ourense e dos arredores puido ver este efecto optico que consiste na aparición no ceo dun arco con bandas de cores e que se produce como resultado da presenza simultánea da luz directa do sol e mais da chuvia. Completade información na Wikipedia.
Víase ben o primario, o secundario presentaba as cores moito máis apagadas, aínda así percibíase que se presentaban en orde inversa a como aparecían no primario.
Puiden velo desde o coche, eu non conducía. As fotos son do móbil pero creo que nos serven para darnos unha idea do que moitos viron sen facelo a través dun parabrisas cheo de pingadas da chuvia.
Hai moitos refráns, cantigas e explicacións sobre crenzas relacionadas co arco da vella. Lede o artigo da Wikipedia.
Eu déixovos unha cantiga que lembra miña nai:
Arco das vellas,
amigo das nenas,
tanto lles quere
que mexa por elas.
Recollede vós o que vos poidan contar sobre O arco da vella .
Marina , vou intentar mandarche un comentario.Xa o levo feito varias veces para felicitarte , pero xamais o consigo. Esta vez quero que sexa posible , pois o arco da vella gustoume, bueno como todo o que ti fas. Unha aperta .
ResponderEliminarIsabel
Grazas, Isabel. Fago o que podo e ás veces serve para algo.
ResponderEliminar