O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, presentou o día 30 de marzo, en rolda de prensa, a nova web da institución e o Dicionario electrónico galego. Neste dicionario poderemos atopar a ortografía normalizada das palabras e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua .
No hay comentarios:
Publicar un comentario