Luces e sombras podémolas percibir en todas partes pero calquera transeúnte que cruce as pontes da cidade de Ourense, e mire o río Miño, hase dar conta do efecto que estas producen nel.
Francisco X. Fernández Naval titulou Sombra de luz un poema do seu libro, Miño :
SOMBRA DE LUZ
O río é un murmurio
de náufragos
un segredo
un misterio de espellos.
É
sombra de luz
o asombro de non ver
e de quererte,
unha distancia
que a ollada non alcanza
un delirar,
un tránsito.
Será o río un misterio de espellos ? Xulgade vós mesmos:
Gustaríame facer unha pequena antoloxía de poemas galegos nos que o río teña certo protagonismo. Vede este Caudal Poético de poemas en castelán.
Se me queredes axudar, facede as vosas suxestións no apartado de comentarios, ou na clase á volta das vacacións.
Vede este anaquiño do poema Ao lonxe, Ourense de Celso Emilio Ferreiro:
Hai un rebulir de veas latexantes
no misterio das fontes.
Baixo a gracia das pontes
pasa un espello azul de augas distantes.
Encontrei moitos poemas recollidos en "Os ríos son poesía"
Marina, ola, tarde mal e arrastro envío este enlace: http://amediavoz.com/hierro.htm#A ORILLAS DEL EAST RIVER.
ResponderEliminarÉ un poema de José Hierro que se inspira nun río.