27.3.12

NO TREN DE CARLOS CASARES

Gustoume ver este vídeo de homenaxe a Carlos Casares. Déixoo aquí para quen queira velo e lembrar o escritor.



No tren de Carlos Casares from Illa Bufarda on Vimeo.


Ó ver este traballo acordeime dun artigo de prensa, con fotografía de Xurxo Lobato, que eu conservaba e no que se nos explicaba algo sobre unha das afeccións favoritas de Carlos Casares, os trens en miniatura que chegou a montar nunha casiña no xardín da súa casa. Vede o autor coa súa maqueta:



  La Voz de Galicia. 9 de xuño de 2001.

Nun artigo de A marxe, que Casares titulou  Samuel, o nome do seu gato, explicábanos o seguinte: Tampouco me importaría que saltase por medio da maqueta dos trens, unha trasnada que lle gusta facer. O máis que pode pasar é que rache un semáforo ou que tire cunha das señoras que agardan no andén. Non é que me entusiasme, pero un día é un día. Sería unha trasnada que lle permitiría a Samuel, penso eu, porque acababa de repoñerse dunha enfermidade grave.

No hay comentarios:

Publicar un comentario