22.3.12

POESÍA E TEATRO

Foi semana de actividades. Lucía, Nico, Iria e Miguel participastes na celebración do Día Mundial da Poesía lendo poemas de Celso Emilio, no Liceo. Aquí estades en plena actuación. Máis fotos na Páxina do Liceo.


A Compañía Talía Teatro tamén representou para un público xove e moi numeroso a súa obra Pelos na lingua. Entre os espectadores estabades alumnos de 2º e 3º de ESO e de 1º BAC.

Supoño que estades de acordo comigo;  eu creo que os tres actores, María Ordóñez, Toño Casais e Arturo Trillo souberon cativar os espectadores que estiveron calados, sorriron, riron e aplaudiron.

No Auditorio había moitísimos alumnos de distintos centros; seguramente algúns reflexionarades un pouquiño despois de ver a obra e oxalá vaiades cambiando os vosos hábitos lingüísticos, porque a lingua non se pode perder. Que medo tiña a nena a perdela!  Ánimo, non deixedes que vaia desaparecendo, sabedes que serve para todo, ata para  aprender o inglés e mesmo para ligar.

 Segundo a propia compañía explica, “Pelos na lingua vai destinada a todo o mundo: aos galegofalantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non falan porque non saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, aos que pensan que debería ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros..., a todos e todas.”

Grazas a Soedade por animarnos a participar nestas actividades.

2 comentarios:

  1. Para nós a obra foi moi interesante, xa que demostrouse que se pode facer reflexionar á xente sobre o galego, e á vez facela rir. Animamos a que todos os que a poidan ir ver o fagan.Un Saudo profe, Aaron e Martin.

    ResponderEliminar
  2. Que importantes son para min as vosas opinións! Pasámolo ben e seguro que reflexionamos pero non podemos quedarnos aí; así que xa sabedes o que toca, aínda temos a sorte de non ter que pagar para oír a nosa lingua, eran cincuenta euros, e todos vós sabedes falala.

    ResponderEliminar