Imaxe de Vigocultura.org
Hai varias entradas neste blog nas que se poden ler poemas de Tovar, de Víctor Campio, de Curros, de Rivas, de Castelao, de Pimentel, de Cabanillas, de Celso Emilio… Hai tamén un mapa de poetas e un calaméo e uns vídeos con moita poesía acompañada de moita natureza, pero agora que se vai celebrar o Día mundial da Poesía, quero que os protagonistas sexades os alumnos de 1º ESO.
Vede os vosos traballiños. O libro de texto pedíavos que escribísedes un breve poema que tivese por tema a conservación da natureza ou que tratase da loita da xente do terceiro mundo para mellorar as súas condicións de vida. Estes foron algúns dos resultados:
Ouro…para os ricos.
Dereitos…para os ricos.
Alimento…para os ricos.
Auga…para os ricos.
Morte…para os pobres.
Deberes…para os pobres.
Desnutrición…para os pobres.
Deshidratación…para os pobres.
Agora, eu digo
Agora, eu penso
Agora, eu razoo
Agora pregúntome, por que?
Porque eles son peores?
Porque eles son raros?
Porque eles non os teñen?
Porque eles teñen que morrer?
Entón, eu anuncio
liberádevos, pobo.
Que se escoite un berro
alá no horizonte
que faga estremecer as pedras.
Que anuncie existencia,
que nada se vos opoña,
en vós reside o espírito,
agora, loitade, andade ergueitos.
Poema de Daniel Alonso Lorenzo 1º ESO A
Un rapaz do terceiro mundo que corre
vai por auga e vai ao cole
estuda e traballa e case non come
para cansado e morre.
Un rapaz coma nós corre
vai por fanta e marcha ao cole
estuda e non traballa e sóbralle o que come
non está canso pero marcha e dorme.
Agora pensa e compara
no que ti tes
e o que a nai do rapaz sofre.
Poema de Xosé Bieito Molina 1º ESO C
O TERCEIRO MUNDO
As persoas do terceiro mundo
loitan por sobrevivir
porque eles queren rir,
beber, comer e sorrir.
Loitan por beber,
xa que co que sofren
moita sede han de ter.
Loitan por comer,
porque non teñen nada.
Viríalles ben unha fada
para evitar desgrazas
como morrer a pedradas.
Teñen dereito a durmir
nunha casa decente,
amoblada, para poder rir,
e pacientemente vivir.
Defendamos e axudemos
aos indefensos necesitados,
non sexamos desalmados
nin tan apampados.
Miremos, miremos a ambos lados,
pero, sempre, sempre os encontramos.
A NATUREZA
Se houbese máis natureza
estaría moito mellor,
xa que a natureza empeza
cando non hai calor.
Non hai que esquecer
que a natureza é importante
aínda que algúns
crean que só en parte.
Eu pido e nós pedimos
que a natureza non se perda,
aínda que moito resumimos
para que se entenda.
Todos debemos de colaborar
xa que a natureza haina que coidar,
temos que darlle de alimentar
e sempre a temos que regar,
moito cariño lle hemos de dar
porque a natureza nunca nos deixará de amar.
Poemas de Aarón González 1ºESO C
TERCEIRO MUNDO
Terras sen auga
guerras sen fin
fame no Corpo,
é o que nos din.
E o que nos din é certo,
aínda non querendo ver,
que se nós imos mal,
aínda podemos comer.
Queixámonos de todo,
ata de traballar.
pero hai moitos nenos
sen poder estudar.
CONSERVACIÓN DA NATUREZA
Ceos limpos de malos fumes
e augas de gran beleza,
serán a única solución
para a nosa natureza.
Os nosos grandes bosques
debemos de protexer
para que os seus animais
poidan correr e correr.
Vivimos da nosa terra,
e se non a tratamos ben,
será co paso dos anos
que nos abandone tamén.
Uxía López Mangana. 1º ESO C
A sección de literatura do Liceo de Ourense dedicará a xornada a Celso Emilio Ferreiro. A lectura dos poemas estará a cargo de alumnas e alumnos dos Institutos Otero Pedrayo, Celanova, A Carballeira, Carmelitas e Blanco Amor; compañeiros vosos de 1º e 2º BAC xa os están preparando. Asistide ó acto, comeza ás 17,00.
No hay comentarios:
Publicar un comentario