24.6.12

AS SOBREIRAS ESPIDAS, UN ANO DESPOIS

Hai un ano publiquei unha entrada que titulei AS SOBREIRAS ESPIDAS, PELADAS, DESCORTIZADAS  porque me producira moita dor ver algunhas moi descoloridas e sen a súa cortiza que as protexía.

Un ano despois seguen espidas porque a cortiza tarda varios anos en recuperarse totalmente, pero o aspecto das árbores cambiou moito, foron escurecendo pouco a pouco e xa case pasan desapercibidas. 

Vede o aspecto que teñen  hoxe.








Se vos aburrides, podedes facer as actividades que se propoñían na entrada do curso pasado. Non as fixemos. Xa sei que son unha ilusa, non teño remedio, que lle imos facer! 

Copiei da Wikipedia estas cantigas para vós.

A muller que ha de ser miña
ha de ter o cu de pan,
a barriga de cortizo
i o nariz de bacallau 

(é posible un erro na recollida da cantiga de pan por pau). 

Meu santo, San Antoniño,
nacido no sobreiral,
o pesebre do meu burro
évos voso irmán carnal.

Cando no curso pasado publiquei a entrada das sobreiras, Revolta da freixa fíxome un agasallo. Canto llo agradecín e que contenta quedei! Moitas grazas.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario