Moitos de vós participastes no concurso de carteis que se convocou para homenaxear a Paz Andrade.
Xa sabedes cales foron os traballos seleccionados; pronto recibiredes o voso premio, chega antes das vacacións . Non desesperedes!
O primeiro premio foi para Uxía López Mangana, David Martínez Gómez e Nerea Vázquez Diéguez de 1º ESO C. Vede o seu traballo. É unha pena que non poidamos mover as follas do caderno da biografía e que non poidamos tirar desa pestana vermella que aparece no fondo. Tivemos oportunidade de facelo mentres estivo exposto.
O segundo premio conseguírono tres alumnas de 2º de ESO D: Blanca Villanueva Sás, Jéssica Prol Silva e María Núñez Gómez. A porta conservouse e agochaba segredos; á ventá non sabemos que lle pasou.
Vede neste álbum todos os vosos traballos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario