Xa expliquei que, ó ler Esperando o leiteiro de Neira Vilas, recordei Vidro e sol do mesmo autor. Déixovos estas actividades. Traballaremos na clase as que poidamos. Xa queda pouquiño! Para facelas hai que volver ler os textos.
ACTIVIDADES SOBRE O CONTO VIDRO E SOL DE NEIRA VILAS.
- Explica o significado das seguintes palabras ou expresións: Proía, renque, morno, vieiros, trafegos, sin outro amparo, gurrucho, atafegaba, coma se ventase algo. No Dicionario da RAG non van aparecer todas, podes utilizar o Dicionario de dicionarios.
- Escribe sinónimos das seguintes palabras: pelaba, lapra, fazulas, cavilar, esfachicouse.
- En que estación do ano se desenvolve a acción? Xustifícao.
- Alfredo é un neno pobre? Que idade pensas que pode ter? Explícao.
- En que pensa Alfredo ó sentarse ó pé do carballizo? Cres que se sente explotado?
- Como reacciona Alfredo? Pode ter algún significado o feito de que se quedase durmido?
- Resume o conto.
ACTIVIDADES DE COMPARACIÓN ENTRE O CONTO VIDRO E SOL E O TEXTO DE ESPERANDO O LEITEIRO .
- O destinatario do leite é o mesmo nas dúas obras? É bo pagador?
- O protagonista tiña que percorrer a mesma distancia para levar o leite nas dúas obras? Cantos quilómetros tiña que andar?
- O lugar no que se senta e no que esfachica a botella presenta diferenzas?
- A reacción do protagonista é a mesma nas dúas obras? O texto de Esperando o leiteiro non che parece máis explícito? Que cousas aclara este que tiñamos que supoñer no de Vidro e sol? Fíxate nas seguintes afirmacións: era como unha vinganza persoal, un desafogo en contra da inxustiza ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario