17.6.12

CURROS ENRIQUEZ. NOUTURNIO

Estamos rematando o curso e o último escritor que estudamos en 1º BAC foi Curros Enriquez. Lemos varios poemas e quero que sigades lendo algún máis. Déixovos aquí o Nouturnio de Aires da miña terra.
 



   D'a aldea lexana fumegan as tellas;
Detrás d'os petoutos vay póndos' o sol;
Retornan pr'os eidos co'a noite as ovellas
Tiscando n'as veiras o céspede mol.


   Un vello, arrimado n'un pau de sanguiño,
O monte atravesa de car' ó piñar.
Vay canso; unha pedra topóu n'o camiño
E n'éla sentóuse pra fôlgos tomar.
 

          
           —¡Ay! dixo, ¡qué triste,
          Qué triste eu estou!
          Y-on sapo q' o oía
          Repuxo:—¡Cró, cró!


     ¡As ánemas tocan!... Tal noite com' esta
Queimóusem' a casa, morréum' a muller,
Ardéum' a xugada n'a corte y-a besta,
N'a terra a semente botóus' a perder.


   Vendin pr'os trabucos vacelos e hortas
E vou po-lo mundo d'enton á pedir;
Mais cando non topo pechadal-as portas
Os cáns sáyenm' élas e fánme fuxir.


             Canta, sapo, canta:
          Tí y-eu ¡somos dous!...
          Y-o sapo, choroso,
          Cantaba:—¡Cró, cró!


     Soliños estamos antrambos n'a terra,
Mais n'éla un buraco tí alcontras y-eu non.
A ti non te morden os ventos d'a serra.
Y-a min as entranas y-os osos me ron.
 

  
 Ti, nádo n'os montes, n'os montes esperas,
De cote cantando, teu térmeno ver;
Eu, nádo entr' os homes, dormento entr' as feras,
E morte non hacho, si quero morrer.
 

         
            Xa tocan..... Recemos,
          Que dicen q' hay Dios!...
          El reza y-o sapo
          Cantaba:—¡Cró, cró!
 


  A noite cerraba, y-o rayo d'a lua
N'as lívidas cumes comenza á brilar;
Curisco que tolle n 'os álbores brua
Y-escóitase ó lexos o lobo ouvear.
 

    
 O probe d'o vello, c'os anos cangado,
Erguéuse d'a pedra y-o pau recadou;
Viróu par'os ceos o puño pechado
E car' ós touzáles rosmando marchóu.....
 

             
            C'os ollos seguíndo-o
          N'a escura extensión,
          O sapo quedóuse
          Cantando:—¡Cró, cró!



Podedes ver a curta de animación Nouturnio de Celanova baseada neste poema. A música é de Luís Emilio Batallán.

Máis poemas de Curros e distintas versións musicadas dos mesmos en Caderno de galego.


2 comentarios:

  1. Como me gusta esa foto! as cepas tan coidadiñas, xa é difícil velas así, todo o mundo as vai deixando.

    ResponderEliminar
  2. Que razón tes! Se hoxe fixésemos a foto desde o mesmo lugar, xa se vería unha parte sen cepas e outra parte transformada. As aldeas están quedando sen xente que traballe.

    ResponderEliminar