No blog LECTURAS podedes atopar as suxestións lectoras para este verán. Lecturas en galego e en castelán.
Algúns libros están recomendados por alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º ESO. Anímanvos a que leades obras que eles xa leron, e danvos a súa opinión sobre as mesmas.
Noutros casos son obras recomendadas polo Grupo Lector. Sempre ides poder ler unha sinopse da obra ou unha recomendación da editorial, para que poidades facer a escolla segundo as vosas preferencias.
No blog ESPACIO ENTRE PALABRAS atoparedes información relativa á campaña de lectura e, ademais, preguntas que se entenden como actividades de concentración comprensión e busca e que teñen que ver coas obras recomendadas.
O verán pasa pronto, pero parte do tempo podemos dedicalo á lectura. Ánimo e a ler!
O verán pasa pronto, pero parte do tempo podemos dedicalo á lectura. Ánimo e a ler!
Se queredes coñecer algúns blogs de lectura de moitos adolescentes do mundo iberoamericano, ide ó blog As catro esquinas do Quinto e poderedes entrar en varios.
Escoitade as voces de distintas persoas implicadas e comprometidas coa lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario