Na entrada "Traballando con poemas de Celso Emilio" anunciabamos algunhas actividades que queriamos facer para conmemorar o Centenario do nacemento de Celso Emilio. Fóronse facendo varias ó longo do curso: recitados e ilustracións de poemas, talleres de escritura partindo dos poemas do autor, un "collage" que preparou Soedade e que inspirou poemas e, tamén, elaboración de carteis. Esta última actividade é a que presentamos agora.
Houbo unha gran participación. Durante o mes de maio, os carteis que fixestes estiveron colocados no corredor da primeira planta do Instituto. Grazas a todos pola vosa participación. Estou segura de que todos aprendemos algo.
Antes de retiralos, fixémoslles unhas fotos que agora aparecen recollidas neste álbum:
No hay comentarios:
Publicar un comentario