3.6.12

RUEIROS LITERARIOS . O SÉCULO XIX

Agora que estamos traballando en BAC o século XIX, quero que vexades un traballo no que se recollen  fotos feitas por alumnos de 1º ESO e 1º BAC do curso pasado, e outras feitas  por Avelina e por min.

Todas elas son placas de rúas da nosa cidade con nomes de escritores e escritoras do século XIX, e que escribiron en galego e en castelán. Despois de ver este álbum, darédesvos conta de cantos autores deixamos sen estudar. En realidade só podemos traballar os precursores e os mestres do Rexurdimento. 

Están no álbum as rúas dos autores que estamos estudando?







Podedes completar o estudo do Rexurdimento consultando a páxina de Lingua 1º BAC, selecionade as ligazóns que vos interesen, e o blog Literatura galega.

Estades comentando o poema O cravo. En Literalingua podedes encontrar versións recitadas e musicadas deste poema. Xa vos deixo aquí a de Estíbaliz Espinosa:


2 comentarios:

  1. Canta ilusión, cantas anécdotas, canto traballo, ... Por moitas máis aventuras destas! Rapaces, aínda que non volo pareza, paga a pena investir nestas tarefas, ...
    A ver se me loce tanto como a ti, Marina, a entrada que eu faga con este album!

    ResponderEliminar
  2. Houbo ilusión, anécdotas e traballo pero as tarefas compartidas son máis levadeiras. Como pateamos a cidade e cantos atrancos tivemos para atopar algunhas rúas!

    As túas entradas sempre son lucidas e con elas aprendemos e disfrutamos.

    ResponderEliminar