Podedes ler máis traballos que responden á pregunta E ti quen es? Xa sabedes que os autores, alumnas e alumnos de 1º ESO, inspiráronse nos versos de Celso Emilio.
Eu era as mans dun amor,
un amor non correspondido,
con chagas que sangraban
cando el saía pola porta.
Felicidade cando vós me rodeabades,
tristeza cando vós me deixabades;
eu non era a que vós queriades,
eu era a que el non desexaba.
Agora, agora son unhas pernas
que corren en liberdade.
Agora, agora son un corazón
que latexa con forza.
Agora, agora son unhas mans
curadas de duras penas.
Aldara Álvarez Varela
Eu son un entre os demais.
Eu son unha insignificante faragulla de pan.
Eu son un nada comparado con todo o mundo,
que sentíndose ben non fai nada para melloralo.
Eu son unha estrela que forma o universo
no que respiramos, nos alegramos e choramos.
Eu son unha gotiña de auga
no terceiro mundo que tanto nos necesita.
Eu son un nada que camiña
pola terra do noso país.
Diego Domínguez Cadahía .
Eu son unha pequena gota de auga
que percorro sempre os mesmos lugares,
que fago as mesmas paradas,
que son pura ao nacer no cume,
pouco a pouco contaminada.
Algún día cambiarei de rumbo,
chegarei ó subsolo e alí encontrarei,
encontrarei o meu lugar para sempre.
Permanecerei alí ata non se sabe cando,
quizá ata que o mundo remate,
quizá ata que novas gotas me substitúan.
Nuria Fernández Robledo.
Eu son a
persoa que quero ser.
Eu penso que as persoas que me coñecen
falan ben de min.
Os meus amigos saben que nunca os decepcionarei
xa que sen
eles eu non sería nada.
Sería unha estrela soa no firmamento.
Nerea
Vázquez Diéguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario