6.7.12

EU FALAREI.

Déixovos este traballo feito no IES de Chapela. Vino por primeira vez cando tiña dúas mil visitas, xa ten máis de dezasete mil, e dubidei se poñelo neste blog porque xa estaba en moitos. Agora foi Marisa a que me animou a facelo e aí vos queda por se aínda non o vistes.

Non deixedes que a lingua esmoreza, faládea vós tamén.



 Esta é a información que acompaña o Lipdub:


O día 5 de xuño de 2012, a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela-GALIZA) gravou, despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar, o LIPDUB EU FALAREI.
EU FALAREI, con música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e cunha letra escrita polo EDLG de Chapela, é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova.
Na gravación implicáronse activamente máis de 400 persoas entre as que están 120 actrices e actores e 29 cantantes. Son alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños de Chapela, que quixeron neste LIPDUB dar alento a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro... precisa de nós.
Podes ver o traballo previo e a emoción do día da gravación no MAKING-OF: http://youtu.be/HCsm1Wv9xXw

AVANTE COA LINGUA GALEGA!
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela
Chapela, 25 de xuño de 2012
http://oberete.blogaliza.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario