En 2º da ESO estamos traballando os xogos populares; coñecedes moitos dos que no voso libro de texto se citan, e estaredes buscando información sobre o xogo da billarda.
Cantos sobran?
Xa vedes que o material que precisamos é moi barato. A ver cantos de vós o conseguides para facer prácticas.
Lembrei agora que, hai xa uns anos, me regalaran un xogo con instrucións en inglés; mandei traducilas porque me dixeran que o xogo se parecía ó Pelouro ou ás Tabas. Parécese?
Os materiais, neste caso, non podemos atopalos á beira do río ou polos camiños. Vede os Jacks metálicos e as pelotiñas para xogar :
JACKS (TABAS ? )
INSTRUCIÓNS.
Xogo coñecido como Jack Stones, Check Stones, Knuckle Bones e Dibs, teñen
existido moitas versións deste antigo xogo, con variantes nas regras. As instrucións dos seguintes
parágrafos son unha mostra das regras básicas do xogo e pode facerse máis
interesante creando regras propias.
Comeza co xogo de Tabas na palma da túa man. Lanza suavemente as tabas sobre
unha mesa e atrapa todas as que poidas no anverso da túa man. Pon as tabas
atrapadas, a un lado.O resto das tabas deberían estar entón esparexidas na mesa e deben ser
recuperadas mentres se bota a pelotiña. Sostén a pelotiña na túa man a pouca
altura sobre a mesa. Sóltaa; recolle unha taba coa mesma man e atrapa de novo a
pelotiña antes de que rebote por segunda vez. Repite o mesmo ata que atrapes
todas as tabas ou ata que non consigas atrapar a pelotiña a tempo.
Engade as tabas recuperadas ás que atraparas no anverso da túa man, e anota
o total. Se conseguiches recoller todas as tabas na primeira quenda, repite o
xogo, pero desta volta debes atrapar dúas tabas antes de atrapar a pelotiña. Se
volves ter éxito, xoga de novo e recolle tres tabas e así sucesivamente ata que
non atrapes a pelotiña a tempo. No momento en que non recollas o número
requerido de tabas ou non atrapes a pelotiña antes do segundo rebote, comeza a
quenda do seguinte xogador.
O gañador é o xogador que consegue atrapar e recoller o maior número de
tabas ó final da competición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario