Déixovos unha sinopse da obra:
Nun país totalitario sen nome, Katurian, unha escritora de macabros
contos infantís, está sendo interrogada por unha parella de policías a
causa da aparición na cidade dunha serie de cadáveres de nenos. O modus
operandi do asasino é similar ao que ela describe nalgúns dos seus
relatos. Con todo, ela loita pola súa inocencia. Todo cambia cando
descobre que na cela contigua está presa a súa irmá, que padece un forte
trastorno psicolóxico por malos tratos de cando era nena, e tamén vai
ser interrogada. Katurian tentará entrar en contacto con ela e o
resultado deste encontro disipará as dúbidas sobre os asasinatos, pero
abrirá outras incógnitas, aínda máis intensas e preocupantes...
Espectáculo de grande intensidade que afonda no influxo que a violencia xoga no desenvolvemento do individuo desde unha perspectiva tenra e sarcástica a un tempo.
Profunda tamén na necesidade humana de imaxinar ficcións, de contar historias como medio para a redención ou para a pura supervivencia en circunstancias límite, como vía para combater a fugacidade e a brutalidade da vida.

No hay comentarios:
Publicar un comentario